martes, 31 de marzo de 2009

Crónica do GP Australia 09


O día 29 de marzo arrancou a primeira carreira do campeonato do mundo de fórmula 1, nesta carreira tanto pilotos coma enxeñeiros fixeron unha pequena toma de contacto cos novos coches e as novas normas coma a utilización de neumáticos lisos, aleróns traseros máis curtos e novo e revolucionario sistema KERS(Kinetic Energy Recovery System).
Durante toda a carreira houbo un claro liderazgo por parte de Jenson Button que ao final consegiría a segunda vitoria da súa carreira profesional mentres que Barrichello logrou colocarse no segundo posto conseguindo un doblete para a nova escudería BrawnGP. Nin sequiera as grandes escuderías como por exemplo Ferrari foron rivais para os pilotos de Brawn xa que Massa abandonaría por fallo mecánico no seu monopraza e Raikkonen acabou a carreira na última posición.
Empezou a carreira xa cunha mala saída de Barrichello a quen se lle calou o coche e el mesmo ao adiantar a tres pilotos deixou fora a Kovalainen. Despois foron as paradas que resultaron verdadeiramente lentas e a preocupación resultado da rápida desintegración dos neumáticos brandos. Así na volta 18 Nakajima cometía un erro cambiando de marcha sobre o piano da curva catro e estrellouse, o coche de seguridade tardaba moitísimo en saír poñendo en perigo a seguridade dos pilotos; cando a carreira volvía arrancar Piquet comete un grave erro e as súas rodas se bloquean saíndo fora da pista.
A falta de tres voltas, unha loita entre Vettel e Kubica ten como resultado a perda do alerón de Vettel que sairía na curva seguinte e a Kubica sen un dos sidepods acabando tamen fora. Debido a esto saíu o coche de seguridade que non marcharía ata a última volta na que Button se proclamaba campeón deste Gran Premio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario